Para os teus dispositivos e pertenzas
• Consulta a localización do teu teléfono, tableta, auriculares e outros accesorios nun mapa, aínda que non teñan conexión.
• Reproduce un son para dar co dispositivo perdido se está preto.
• Se perdiches un aparello, podes protexelo de forma remota ou borrarlle os datos. Tamén podes engadir unha mensaxe personalizada que se mostrará na pantalla de bloqueo en caso de que alguén o atope.
• Están encriptados todos os datos de localización da rede de Atopador. Nin sequera Google pode ver esta información.
Para compartir a localización
• Comparte a túa localización en directo cando quedes con amizades ou queiras asegurarte de que un familiar chegue ben á casa.
Última actualización
2 de xuño de 2025